Friday 03 de May de 2024

‘Conto contigo’ inaugura unha nova tempada das Tardes de contos e lendas na biblioteca municipal de Ordes


A biblioteca municipal de Ordes retomou as súas Tardes de contos e lendas co relato ‘Conto contigo’, ofrecido por Manuel Solla. Como de costume nesta nova tempada os últimos venres de cada mes ofreceranse contos e narracións de historias para nenos e nenas a partir de 8 anos.

As Tardes de contos e lendas é unha das actividades de maior aceptación das organizadas pola biblioteca de Ordes, que ten lugar o último venres de cada mes. Esta forma parte do programa da Xunta de Galicia ‘Ler conta moito’, cuxo principal obxectivo é a promoción da lectura entre a xente máis nova.